O Nadal chegou por fin a Galicia e con el moitas das nosas rúas locen máis luminosas e feiticeiras que de costume. Pero nestas datas o esmero por decorar e mais encher de maxia os espazos tamén traspasa as portas de moitos dos nosos fogares. Bonecos de neve, nacementos, reis magos, todo axuda a vivir con ilusión unha época do ano tan especial que non queriamos deixar de gozar con todos vós en Que Casas! Por iso puxemos rumbo a lugar de Camiño Pinal (Vigo), O Grove, Ferrol e Beade (Vigo), para amosarvos as vivendas de galegos e galegas que viven estas datas con moitas ganas e que decoran as súas fermosas casas en consecuencia. Veredes moradas que locen preciosas todo o ano pero que agora teñen un toque especial.