Miro e Antón queren crear un horóscopo en que tanto Olimpia coma Gutiérrez crean cegamente; para iso terán que demostrar que hai unha futuróloga moi boa que acerta sempre e que será a súa cómplice (Paula). Empezan a poñelo en práctica e funciona, xa que van provocar que lles suceda na cada un unha serie de cousas. Pero ao final trabúcanse de persoas e a cada un dinlles o que non é, e todo sae do revés.