Miro quere un traballo novo para demostrar seu talento. Na igrexa non teñen auga, tampouco na Casa de Turismo Rural. Ocórreselles a idea de poñer un falso anuncio no xornal. Os dous pican e chaman para que contraten a Miro, éste ponse a facer o arranxo na igrexa. Rematado o traballo Miro quere cobrar, así que lle dín que faga o mesmo na Casa de Turismo Rural. Finalmente acaban os dous facendo a obra na Casa e o que cobran descóntanllo de todo o que viviron sen dar pancada.