Miro segue intoxicando clientes e Antón segue coas mesmas ganas de traballar de sempre, Paula e Roi non fan nada na casa e a rapaza quere actuar nunha obra de teatro. Antón descubre que Peláez aceptou un choio no banco e agora ten secretaria, un Mercedes e vive ao grande. A Raqueliña regálanlle unha mascota, o coello Marcelino. Pedro, moi enfadado cos seus fillos porque non fan nada na casa, decide mercar un papagaio para que os rapaces sexan responsables.