A Miro e Antón xa ninguén lles fai nin caso polo seu comportamento, así que a Antón ocórreselle a idea de facer algo desinteresadamente polo cura para que a xente os trate ben. Miro escoita falar a Raquel e Nicanor sobre unha maqueta que están construíndo e pensa que se trata de algo que o cura precisa para a parroquia. Póñense a cavar un pozo ó lado da igrexa, pero Nicanor e Raquel caen dentro e teñen que ser rescatados por Paspi e Olimpia. Miro e Antón son de novo castigados, esta vez a sachar na Casa de Turismo Rural.