Miro e Antón argallan un plan para ir pasar aa fín de semana a Toledo onde se celebran unhas xornadas de caza de perdices. Para elo Miro finxe ter unha forte dor e Antón corrobora que precisa a atención dun especialista moi caro que atende, precisamente en Toledo. Olimpia pon os dous a andar, pero eles non renuncian a participar nas xornadas de caza, polo que argallan un novo plan para conseguir cartos. Pretenden facer crer a Olimpia que unha empresa de Madrid quérelle mercar mil empanadas á semana. Para conseguir o seu obxectivo enganan a don Nicanor, que precisa cartos coma sempre, para que sexa o xerente do "negocio" e consiga sacarlle a Olimpia os cartos dunha suposta fianza.