Olimpia tolea coas facturas do bar porque Miro dedícase a agocharllas. Mentres tanto o cura segue coa súa afección a pedir cartos, que xa ninguén lle quere prestar, polo que Antón trama unha nova falcatruada: convertirá o crego nun empresario de renome. Pero no banco esíxenlle unha serie de requisitos e don Nicanor inventa que é propietario do bar Suizo e ademais que ten un fillo. Finalmente, descúbrese toda a mentira e acaban como sempre tirándose os trastos á cabeza.