Paula quere mercar unha camisa moi cara que seu pai non lle quere pagar, mentres tanto don Nicanor moi cambiado anda con maletín vendendo cremas rexuvenecedoras. Antón decátase de que Nicanor está a ingresar moitos cartos últimamente e descubre que as cremas que vende o párroco, realmente están feitas con iogur. Paspallás ten un sobriño, Pedro, que é igualiño que Miro. Deciden facelo pasar por Miro, pero son descubertos e castigados a descargar a leña na Casa de Turismo Rural.