O padre Nicanor, é o encargado de organizar unha boa comida pola chegada do arcebispo á vila, o apuro é considerable, precisa un restaurante dos bós, co mellor dos menús pero o tempo para organizalo é de só un día. Balbina bótalle unha man para que todo saia da mellor maneira posible facendo a comida no Bar Suízo.Os prezos do peixe andan polas nubes, e así, para rebaixar ese prezo é cando entra a man de Miro e de Antón; pretenden buscar un peixe máis barato por un contacto que Antón ten. O contacto, falla e deciden ir busca-lo peixe ó Acuarium de O Grove, coma de costume algo falla e os dous son pillados coas mans na masa.