Paula, a filla do avogado Pedro Barreiro, presentarase a unha proba para actriz protagonista dunha telenovela, como sempre ás agochadas de seu pai. Por casualidade, o equipo que traballa para a proba pedirá uns almorzos ao bar Suízo e, como non, será Miro quen llos leve. Unha vez alí, Miró é confundido por un máis dos que se presentan á proba e resulta elixido como protagonista. Paula queda sen o seu papel e comeza a lea. Miro faise famoso e Paula morre de envexa. Cando comeza a rodaxe, o director quererá desfacerse de Miro como sexa...