Pencas propón que se tomen un descanso e Merliño, que investigara co seu corno darálles unha sorpresa. Proporciona as coordenadas ó comandante Gagá e chegan a... unha praia. Descubren o mar, Merliño ensínalles que serve entre outras cousa para navegar, nadar, para que vivan os peixes e para refrescarse. Descobren ademais que os terrícolas levan moitas cousas á praia, entre elas un libro que collen prestado. Insértano no computador e Lida de novo fai o seu traballo. - Título do libro: "A Casa da Duna".- - Autor: FRAN ALONSO.- - Fotografías: MANUEL VICENTE.- - Editorial: EDICIÓNS XERAIS.-