A pesca artesanal que se realiza a escasas millas da costa, moitas veces a menos dunha milla, realízaa unha porcentaxe importante da frota galega. Para comprobar como se traballa con este tipo de pesca, o programa “Pescadores de Historias” viaxa ata o porto de Sada, onde acompaña no mar a Andrés Monteagudo e o seu fillo Francisco, que van á nasa da nécora e do camarón. Ademais, o equipo do programa está no porto con Andrés García que exerce de patrón maior de Sada e, ao saír ao mar, con Iago Doce, que tamén traballa con nasas,. Outro dos protagonistas do día é José Miguel Mahía, que prepara aparellos na súa caseta, xa que practica o racú, unha arte idéntica á do cerco, pero con aparellos moito máis pequenos. O programa non pode irse de Sada sen probar a comida de Fina Taboada, que leva 38 anos cociñando nun dos locais máis antigos da vila, o restaurante Licar. Prepara un dos pratos típicos da carta, arroz con lumbrigante.