Os mariñeiros da Guarda están afeitos a enfrontarse a grandes peixes, capturando ao ano un total de 24.000 toneladas de peixe espada, globo, quenllas, marraxos, marlíns... Son preto de 70 barcos deste porto os que se dedican a esta pesca e neles traballan case 400 mariñeiros. Rivadulla Corcón conversa con Joaquín Cadilla, armador e patrón de barco espadeiro e presidente da Organización de Palangreiros Guardeses, ORPAGU, e con Manuel Cadilla, coñecido como “Maruxo”, que agora está xa retirado pero pasou toda a súa vida no mar. Ambos os dous contan como é a vida a bordo e o duro traballo que se fai nos espadeiros.  Tamén coñecemos a Carmen González, armadora de dous buques que pescan no Pacífico Norte; Suso Pérez, patrón dun dos espadeiros da Guarda e que habitualmente traballa no Atlántico sur, descargando o peixe no porto de Walvis Bay en Namibia, e Celia Lomba, armadora e muller dun patrón, que conta o que é facerse cargo de todo o peso que supón criar soa os fillos mentres se encar