A tradición musical e a mariñeira sempre estiveron malladas nun mesmo aparello e hoxe o programa “Pescadores de Historias” dará conta diso. Ás xentes do mar sempreforon moi cantareiras e musicais, pero os mariñeiros do Hío e Aldán, no concello de Cangas, foron un pouquiño máis alá e para embarcar rumbo a caladoiros afastadossempre levaron os seus instrumentos musicais, gaitas e percusión, que soaron en todas aslatitudes mariñas, onde eles chegaban. Hoxe aqueles mariñeiros tocan xuntos como “Os Gaiteiros do Mar”. As gaitastócanas Manuel Sotelo e Lito Gago, o tamboril é Feliciano de Vilanova, co bombo andaManolo Martínez, e completa a formación con singulares trebellos de percusión Peix de Aldán. O inicio real desta formación foi en 1973, cando abordo do pesqueiro Ría de Aldán,no mar do Gran Sol, se gravou unha cinta de radiocassette, que aínda se conserva. Nestebarco traballaban xuntos Manolo Martínez, Manuel Sotelo e Feliciano de Vilanova. Os tresfixeron a gravación da cinta aproveit