A grande prosperidade pesqueira de Vigo ten unha das súas orixes na ribeira do Berbés. Desde a súa pequena praia, onde varaban os barcos e as lanchas, foi medrando a industria pesqueira de Vigo, ata chegar a ser o enorme porto que é hoxe. Por iso, o que o Berbés foi orixinalmente non debe esquecerse, debe permanecer sempre na memoria colectiva, e as xeracións que o coñeceron teñen que transmitir a súa memoria ás xeración vindeiras.    Entre as xentes que gardan a memoria do Berbés, “Pescadores de Historias” atópase a Loli Hernández, que naceu nesta zona e fai dos seus recordos a súa paixón. Loli formou parte do grupo As cantadeiras do Berbés e, acompañada de Belén Garrote, tamén integrante desta formación, cantan un tema do folclore vigués.  Quen tamén naceu aquí e leva toda a súa vida traballando no porto e Cholo Torres. Ten unha empresa de transporte de peixe, que empezou co seu avó, cando se transportaba en carro de cabalos. Cholo di que lle gustaba máis o Berbés da súa mocidade,