Coidar do mar é unha cuestión central na cultura mariñeira, xa que, se non se fixese, os recursos acabarían esgotándose e a economía das familias mariñeiras sería unha reliquia do pasado. “Pescadores de Historias” acode ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, o Intecmar, que se atopa en Vilaxoán, para coñecer como se coida o mar a partir do seu traballo. O equipo do programa acompaña nunha xornada de traballo a Víctor García, un dos técnicos que fan diariamente a análise dos mexillóns nos diferentes polígonos bateeiros das rías galegas para detectar as diferentes toxinas que pidan ser perigosas para o consumo humano. Despois da saída ao mar, o espazo da TVG vai ás instalacións de Intecmar, onde agarda a súa directora, Covadonga Salgado, quen explica todo o traballo que se fai neste organismo, que basicamente é o coidado da calidade das augas de toda a costa galega e loitar contra a contaminación. X.H. Rivadulla Corcón tamén fala con Garbiñe Ayensa, que loita