“Pescadores de Historias” remóntase ao 25 de febreiro de 1966, cando o Ariete, un destrutor da Armada Española navegaba á deriva fronte á costa de Lira. O barco, con 166 tripulantes, encaiou fronte ás súas rochas e os veciños e veciñas do porto acudiron para facer un perigoso rescate en que conseguiron poñer a salvo toda a tripulación. Un dos lugares onde vibrou con maior intensidade o pulso nos labores de atención aos tripulantes do Ariete foi Casa Louro, que se erixiu nun rudimentario hospital de campaña onde se atendeu a moitos dos náufragos. O programa falará con Manolo Louro, que segue sendo o seu propietario e que tiña 25 anos cando embarrancou o Ariete. O traballo das mulleres foi fundamental, xa que participaron directamente no rescate e fixéronse cargo de atender os tripulantes, facerlles de comer, prepararlles camas e curar feridas. María Dolores Tajes foi unha daquelas mulleres e contará como lembra aquel momento, remarcando moito o espírito solidario das xentes de Lira e do