A ameixa é un dos recursos marisqueiros máis importantes na costa galega, pero trátase dun recurso que é preciso sementar, por iso é moi importante a obtención da cría, o seu coidado e logo sementala nos bancos marisqueiros. No porto do Vicedo, o programa atopa o Centro de Produción de Cría da Consellería de Pesca. Neste centro traballa Fernanda Martín, encargada do proceso de engorde. Da importancia do criadeiro para as mariscadoras fala X.H. Rivadulla Corcón coa presidenta do colectivo, Marisol Martínez. Coas mariscadoras Rosa Calvo e Rosa Martínez, o programa vai ata a zona marisqueira para ver como segue o proceso.  “Pescadores de Historias” tamén quere saber como era o traballo marisqueiro no Vicedo tempos atrás, para o que conta co testemuño de Carmen Pérez, mariscadora retirada, que traballou cando o marisco era abundante e non era necesario sementar a cría. Para comer ameixas, o programa cociña con Noelia Insua, quen prepara un prato de ameixas con salpicón de marisco servi