Convidados: Cristina Pato e Morris Arturo, un antigo mozo de Olga que vive no estranxeiro, pasará uns días na cidade e hospedarase no hotel. A súa presencia espertará uns insospeitados celos no fillo de dona Ermitas, que aproveitará calqueira ocasión para deixalo quedar como un mullereiro. Por outra banda, un marchante de arte que asistirá a unha poxa na cidade, solicita que lle garden na caixa de seguridade unha valiosísima escultura, pedíndolle a Miguel que teña un especial coidado con ela. Como sempre, a presencia de Claudio fará que as cousas se compliquen...