Suso decide tunear a chaiselonge na que Pepe convertera unha vella butaca de dentista e convértea nun sillón multimedia. Negreira leva no taxi a un cliente que cre coñecer e obsesiónase con saber de que. Mentres un grupo de rapaces deciden ocupar un edificio deshabitado do que Moscoso é propietario no barrio. Pepe non ve mal a 'okupación' ata o punto de que decide botarlles unha man e axúdalles a conectarse ilegalmente á redes de auga e electricidade. Todo ocorre mentras Moscoso bota uns días nun balneario para reconciliarse con Carmucha.