Negreira viaxa con Luisa, a policía coa que entabla relacións e que segue sendo acosada polo seu noivo Milucho, a Zamora. Moscoso capta para a súa empresa a Suso, que se converte nun agresivo tabeirón dos negocios, e convence a Pepe de que lle venda o taller para poder construir por fin a urbanización. Agora só lle queda convencer a Lola de que lle venda a cantina. Guillerme convence a Pilar de que abandone o traballo no ambulatorio e de que o acompañe no seu novo traballo de director dunha clínica pediátrica en Madagascar.