Pazos coñecerá a Cristian, cantante de orquestra La Fórmula e a súa tía Mayka. Eles son neto e filla do gran vocalista da Orquestra Sur Miguel Moreira. Dende hai algúns anos este home xa non canta e ata parece que colleu vergoña. Pazos e a Cía formada por familiares e amigos prepararán todo para facerlle unha homenaxe sorpresa na praza do Concello de Salceda de Caselas, que tantas veces encheu a Orquestra Sur no pasado. Para iso terán que reunir aos antigos compoñentes da orquestra, ensaiar as cancións, montar un palco e ata conseguir a mítica chaqueta dourada coa que cantaba Miguel Moreira. Se Pazos non mete a zoca, o evento promete ser emocionante! E xa veremos se Miguel Moreira se atreve a cantar enriba do escenario, desta volta co seu neto.