A relación entre Emilio e César dá un xiro neste capítulo de “Pazo de Familia” grazas á intervención de Olalla. Convencido por ela, Emilio acepta promover unha marca de viño de seu fillo e o éxito do negocio, tras uns fracasos iniciais, acábaos unindo, chegando mesmo a reconciliarse e a facer plans de futuro xuntos. Pola súa banda, Carlos insta a Nino a que convenza os empresarios para que o propoñan presidente, como punto de inicio da súa carreira á alcaldía da cidade.