Emilio continúa na vila mariñeira onde descobre algo que descoñecía sobre Olalla. Mentres, no pazo, Sara comeza a lembrar os momentos de amor con Emilio. Deste xeito, a relación co herdeiro dos Pardo Veiga rexorde por fin, aínda que polo momento sexa no seu recordo. Por outro lado, unha altiva deseñadora disponse a celebrar un luxoso pase de moda no pazo. A baixa da modelo contratada daralle a Rita unha oportunidade no mundo da pasarela. Sempre que sexa quen de soportar a prepotencia da modista, claro.