O funeral do señor Cosme non só vestirá de loito o 'Pazo de Familia', senón que tamén enfrontará a Sara e Leonor polo xeito en que este home tan querido por ambas as dúas mulleres debe ser enterrado. Moito máis que unha división de pareceres é o que existe entre Suevia e Alberto. A adegueira está disposta a calquera cousa para que a relación do seu fillo con Claudia non prospere, mesmo filtrar unhas fotografías que amosan a moza espida e drogada durante o seu secuestro polo Panameño. E a Leonor non lle queda máis remedio que conceder unha entrevista conxunta con Suevia para contar que son irmás, pero Suevia está disposta a xogar duro. Tanto, que propiciará un final que nos pode deixar coa boca aberta.