A tensión chega da man de Claudia, que é retida contra a súa vontade na mansión do Panameño, mentres Daniel pensa o xeito de dar con ela.A detención de Nino por parte de Mónica pon de manifesto unha historia de amor acabada, alén da necesidade do home de mover os fíos necesarios para salvarse do cárcere, aínda que pasen por Carlos e, se cadra, pola oferta de casamento de Suevia.Pero se hai unha parella icónica en “Pazo de Familia” esa é a de Sara e Emilio. A vella historia de amor, sempre latente, chegará hoxe a un punto que os seguidores da serie non poden perder.