Miñato está desaparecido. Os veciños sospeitan que puido ir buscar fertilizante para Puri. Puri e Miñato metidos en negocios con fertilizantes... Nada pode saír ben desa combinación.  O caso é que chegou o momento da partida no bar e a cadeira de Miñato está baleira. A partida é sagrada, mesmo para Delmiro. Non vai quedar máis remedio que enlear o primeiro que pase polo bar: don Perfecto. A sorpresa será maiúscula cando o novo cura de Louredo se descubra como un experto tahúr. Mentres, unha tráxica noticia chega a Louredo: faleceu Emilio, o tío de Delmiro, admirado polo seu sobriño pola súa ideoloxía e filosofía vital. O tío Emilio era, en verbas do alcalde de Louredo, “todo un vermello”, que podería comezar a destinguir en calquera momento. A Moncha non se lle ocorre nada mellor que sorprender o seu home coa publicación da máis tradicional das necrolóxicas católicas, como homenaxe ao seu admirado tío.