A serie “Padre Casares” chega un domingo máis ás pantallas da Televisión de Galicia, nesta ocasión con don Perfecto traballando incansablemente no seu intento por gañar un oco no corazón dos louredáns. Conmovido pola falta de recursos económicos dalgúns veciños, o novo sacerdote tivo unha brillante idea: organizar unha función teatral benéfica a favor dos máis desfavorecidos de Louredo.  A súa grande aliada neste proxecto será Maite, organizadora oficial dos eventos municipais. Pero axiña a grande idea de Perfecto topará con dous ósos difíciles de roer: Delmiro e Crisanto. E é que alcalde e párroco non se porán de acordo en cal debe ser o contido da obra a representar: didáctica ou simplemente entretida? De contido político ou talvez relixioso? Delmiro adiantarase en facer unha proposta que, sen outro libreto sobre a mesa, será aceptada polo cura novo: “A revolta dos Irmandiños”.  Como en toda produción que se prece, os veciños de Louredo pasarán polo oportuno cásting, a fin de descubr