Os veciños de Louredo recupéranse aos poucos da perda de Santi. Pero a que non levanta cabeza é Amelia. Os seus amigos case non a recoñecen, o seu carácter cambiou notablemente. Maite, moi preocupada polo seu estado, acode a don Rodrigo en busca de axuda. Preocúpalle que a súa amiga desenvolvese un certo "instinto homicida", xa que tende a proxectar as súas frustracións de maneira máis ben virulenta contra o primeiro que se poña a tiro. Unha maneira moi propia de facer terapia en Louredo. Con este panorama, a Rodrigo non lle quedará máis alternativa que tomar cartas no asunto. E, como a maioría das súas iniciativas, esta tamén está destinada ao fracaso. Situacións desesperadas, medidas desesperadas. E que hai máis desesperado que acudir a Crisanto en busca de axuda? A súa proposta, afastada da ortodoxia e máis propia de tempos inquisitoriais, xerará unha polémica que afectará toda a vila. Mentres tanto, Puri e Moncha viven o seu particular conflito. A peiteadora quéixase da baixa produ