A xovencísima Dani provén dunha familia moi ligada á música en Vigo. Agora está lanzando o seu primeiro disco e ven a contalo e a cantalo a Os Cantos Rolados. Tamén de Vigo son Eladio & Los Seres Queridos, outra das visitas ao noso programa. E pecharemos co bluesman Carlos Childe, quén acompañado pola OCR Band repasará algún dos temas do seu derradeiro traballo de estudio.