Pepe, un importante promotor musical, presencia un ensaio da orquestra Os Atlánticos ofrecéndolles un interesante contrato pero cun requisito: quere unha cita con Marta antes de pechar o acordo. En contra da opinión de todo o grupo, Marta decide acudir á cita pero tamén cun obxectivo claro: que Pepe non esqueza esa velada na súa vida... Doutro lado, Iván, Brais e Xurxo quedan para ver un partido de fútbol na casa dos rapaces, e Silvia, que quere que o seu mozo encaixe cos seus amigos, pídelle a Iván que convide tamén a Fran. Iván accede pero as cousas entre eles non van ir tan ben como Silvia contaba, xa que a tensión entre Xurxo e Fran termina por estoupar. As pescudas da policía referidas á trama inmobiliaria continúan o seu curso e cada vez o cerco estréitase máis sobre o negocio de Carlos, que non quere denunciar o caso á policía para protexer a Laura. Mentres, na xestoría, Raquel comeza a recibir misteriosas chamadas. Carme recolle na casa unha chamada para Carlos, un descoñecid