Iván cóntalle a Xurxo que algo importante hai no ordenador de Laura. Xurxo vai á xestoría e pídello a Carlos, pero este négase: o ordenador é da empresa e non pode saír de alí. Xurxo e Carlos sepáranse mosqueados. Carme atopa un vello CD do grupo “pop” de Iván. Gústalle tanto, que se convirte en "fan"” incondicional del, para agobio de Brais: ségueo ós ensaios, tontea con el... Dorinda atopou unhas vellas cartas sen abrir do seu home, dirixidas a unha tal Amor. Debátese entre abrilas ou non. Cando finalmente o fai, descubre que a destinataria das cartas... era ela mesma. Silvia e Carlos cean xuntos na casa deste. Silvia queda durmida, e pasa a noite no sofá. Isto desencadeará un rumor na vila: están liados. No medio desta onda aparece Fran, o ex-–mozo de Silvia Lucio está emocionado pois vai pronunciar o pregón de Vilafontán de Arriba, a vila onde vai actuar a orquestra. Nesta vila, a maior afrenta é que os confundan cos veciños de Vilafontán de Abaixo. No peor dos momentos, Lucio met