Chega un novo membro á orquesta: Tania, unha percusionista que veu dende moi lonxe. Brais, por consellos de Lucio, busca perder a virxinidade con Jennifer, unha exuberante prostituta. Pero comete o erro de namorarse. Namentres, Dorinda busca a alguén que coide unha noite a Dani e a Milagriños, e atopa a Raquel, quen non será do agrado dos nenos... Ó mesmo tempo, Lolo decide comezar a levar unha vida sá. - Neste capítulo Os Atlánticos interpretan o tema orixinal: "Difentes" de PITI SANZ e IVÁN LAXE.-