“Onde Collen Dous” coñece en Vigo unha familia numerosa por vocación: os Regojo Braña. Ana e José María son os capitáns dunha familia formada por seis nenos de entre tres e once anos. Organizarse é posible, pero todos teñen que poñer algo da súa parte. Máis que unha historia, a dos Regojo é toda unha aventura. En Boqueixón, na provincia da Coruña, o programa reúnese cos Fernández Chas. Esta é a historia dun pai, Quique, a quen lle gustaría pasar máis tempo cos seus fillos e dunha nai, María, que quere volver ao mundo laboral. Carolina e Miguel, os seus fillos pequenos, completan esta familia que xira arredor do negocio familiar, un taller, e a paixón pola gaita que levou a Quique a coñecer o mesmísmo Papa.En Caldas de Reis viven os Vázquez Valiño, unha familia de artistas con moito moito talento. Mila buscaba un mestre de tuba e apuntouse a clases con Cote. O resto é historia: tres fillos músicos que seguen a estela marcada polos seus proxenitores.