O espazo “Onde Collen Dous” estará este mércores no corazón do Courel, onde coñecerá os Rodríguez Rodríguez, unha familia numerosa nunha vila onde os rapaces son unha especie en perigo de extinción.   O programa tamén visitará Ponteareas para coñecer os Casal Barral, unha familia de catro a piques de converterse en numerosa. As cámaras da TVG acompañarán esta familia a ultimar as compras para a chegada da pequena Celia.  Na casa dos Vales Domínguez viven nin máis nin menos que doce membros dunha mesma familia. Case un equipo de fútbol e, como tal, precisa de moita organización. Pola súa parte, os Martínez Lago son unha familia que leva catro xeracións dedicadas á gandaría.