O programa “Onde Collen Dous” coñecerá hoxe en Moaña os Marché Ferradás. Susana e Benoit puxéronlle punto e final á súa relación hai anos, pero lévanse ás mil marabillas e fan cousas en conxunto co seu fillo Tomás. Benoit reside en Francia e aproveita sempre que pode para vir a Galicia estar con el.  En Monforte de Lemos viven os López Díaz, unha familia en que a maioría dos seus membros son afeccionados ao universo Star Wars. Os espectadores coñecerán o lado máis friki, pero tamén o máis solidario desta familia tan pintoresca. “Onde Collen Dous” tamén ten hoxe parada en Vigo, onde visitará as Ortega Domínguez, un claro exemplo de que non fai falta moito para ser feliz. Vanessa, nai solteira desde hai nove anos, convive coas súas dúas fillas preadolescentes, Saray e Sofía.   En Cercido, na provincia da Coruña, o programa atoparase cunha familia acolledora que é feliz abrindo as portas da súa casa aos seus amigos, veciños e familiares. Os Gómez Galego fixeron da súa casa o fogar de Icía