A primeira parada será en Pontevedra para coñecer os Domínguez, unha familia que leva o folclore galego no sangue. A continuación chega a quenda de Carlos e Conchi, de Ribadavia, unha parella de divorciados con tres fillos que buscan unha nova oportunidade para o seu amor.O seguinte núcleo familiar do especial será o dos Domínguez Rey, unha familia de seis membros de Vimianzo que se dedica en corpo e alma ao negocio da carne. Por último, o programa irá ata Ordes para mostrar o día a día da familia Raña, berce do campión do mundo de triatlón Iván Raña.