En Pontevedra, o equipo do programa coñecerá os Collazo Caramés, unha familia de catro membros que en canto pode se ata a súa casa ás costas e percorre Galicia, España e o mundo en Beni, a súa autocaravana. 'Onde collen dous' tamén viaxará ata Celanova para entrar no fogar dos Alvárez Jiménez, unha parella que cambiou a vida na gran cidade pola tranquilidade do rural.  Na Coruña viven os Piñeiro, unha familia en que todos os seus integrantes son xordos. Son unha familia divertida que non para de facer actividades nin un intre: tanto lles dá gravar vídeos para as redes sociais como saír a comer xuntos! Finalmente, en Vigo, o programa visitará os Estévez Domínguez, unha familia con dous fillos entre os que máis dunha vez saltan chispas, aínda que, no fondo, se aman con loucura.