A historia das “Xaviñanas” fai de Corcubión lugar de referencia da música tradicional, e na busca deste legado viñemos ata aquí, e imos a escoitalas a gravación orixinal feita por Alán Lomax. Pero tamén para seguir en contacto coas xentes do seu mar, falando coa mariscadoras Olimpia Louzán, e descubrimos que ten unha importante conexión coa música das “Xaviñanas”. Do mar tamén imos falar con Jenifer Suárez, que nos contará como ás xentes do mar gústalles moito cantar. Unha versión singular da Xota de Corcubión imos escoitala polas compoñentes de Tanxedoras. Xurxo Fernándes coñeceu ás “Xaviñanas” e da emoción do encontro naceu unha versión da Xota de Corcubión. O legado das “Xaviñanas” gárdano e transmíteno as pandeireteiras “As Rinchonas” e falamos con Casilda Caamaño, unha das rinchonas, e por suposto escoitamos o seu cantar.