Se unha canción é recoñecida como representativa da vida dos mariñeiros por todos eles e as súas familias é “O meu amor mariñeiro”, é hoxe imos a escoitala na voz de Cristina Fernández, coa que imos descubrir que a canción e fiel a súa propia vida, pois está casada co mariñeiro da vila de Sada Manolo Presas, que vainos falar do que representa para el a canción. Tamén o Coro Brisas do mar de Camariñas senten a realidade desta canción porque está formado por xentes do mar. E no barco cerqueiro “Mar de Jana” do patrón Manuel Funtes, home que transmite amor polo mar, navegaremos escoitando o canto de Ana e María de Flatriqueira. E descubriremos como naceu “O meu amor mariñeiro” contado polo seu autor Xosé Luís Rivas “Mini” que tamén nos cantará a canción.