Malia que moitas das actividades propias dos meses de verán tiveron que suspenderse, tamén as hai que conseguiron adaptarse para ser posibles en medio dunha pandemia. É o caso dos campos de traballo, símbolos noutrora da colaboración internacional e que este ano limítanse aos nacionais. Achegámonos ao de Vilardebó, no concello das Pontes, en plena Fraga do Eume.