A moda camiña cara a unha nova ruta propia, acompañando os novos desafíos que han compartir pequenas e grandes empresas do sector, na ineludile adaptación a momentos clave desta presente. En pleno cambio da roupa de temporada, tiveron que cambiar de rumbo. Cambian as dinámicas da produción e dos consumidores, estes, con novas sensibilidades que demandan calidade, diferenciación e respecto polo planeta. A nova situación proporciónalle á industria téxtil, á moda galega, outra oportunidade para medrar creando novas maneiras de ver e de entender.