Recuperar o turismo é un dos retos desta etapa de crise que estamos a vivir. Hai lugares que o teñen máis doado, como os de costa, sobre todo no verán, pero as peculiaridades da situación que provoca a expansión do coronavirus, tamén están favorecendo que turistas e visitantes busquen lugares de lecer nos que sexa máis doado ter medidas de seguridade sanitaria. Nesta liña o turismo rural estase vendo favorecido. Un exemplo é a zona dos Ancares , onde son optimistas na recuperación de visitantes xa coñecidos.