Despois de dous meses e medio pechado, volveu á actividade o mercado de gando de Santiago. Ao recinto feiral só puideron entrar tratantes e gandeiros debidamente acreditados, protexidos coas súas máscaras e despois de pasaren un control de temperatura. Para sabermos como foi esta primeira feira baixo o estado de alarma falamos coa responsable do mercado e cos representantes de tratantes e gandeiros.