Atesouran unha férrea vontade para avanzar, xuntando docencia, soños, investigación, vigor nas aulas universitarias. Cando coñecemos o grupo do proxecto Virion Break descubrimos que dende os principios da enxeñería, da construción civil, tamén se podía contribuir á loita contra o coronavirus. O obxectivo é atopar a fórmula matemática, a partir dun fenómeno físico, a frecuencia exacta de vibración coa que se podería destruír o virus, unha potencia semellante a cando se rompe unha ponte ou unha copa de viño. Os proxectos de investigación durante a pandemia, non só non pararon, senón que avanzaron para amosar á sociedade dende què novas maneiras e perpectivas, poderían acometerse novas solucións. Ademais achegamonos á preparación da Universidade Galega para o novo curso.