Ata 350.000 visitantes recontados nas instalacións da rede museística da Xunta de Galicia, na que entran museos coma este, o Centro Galego de Arte Contemporánea. Todos eles, pechados desde o pasado 14 de marzo por causa do estado de alarma, agora téñense que reconvertir e atopar novas medidas sanitarias tanto para traballadores como para visitantes para poñerse en marcha. A importancia invisible do sector artístico pregúntase a partir de agora tamén como pode ser a relación con estes espazos en que expón a súa obra.