Dicía o cineasta francés Jean-Luc Godard que para facer cine basta con filmar a xente libre. E iso é porque o cine, como a arte en xeral, é un deses xeitos de sentirnos libres. As salas de cinema está preparadas para recibir ás espectadoras, pero as ideas para proxectar cine son múltiples. Xoan Mariño de Mr Misto leva desde o 2003 co cinema galego ás costas polas vilas de Galicia.Esta mañá busca unha localización en Rábade xunto a Ignacio Vilar, director do filme que van proxectar e a concelleira da localidade lucense.