A primeira preocupación de todos os cidadáns desde os primeiros días de confinamento polo coronavirus foi sen dúbida a saúde, e despois non quedar desabastecidos de produtos básicos. Santiago é sede de Mercagalicia, que fornece de alimentos frescos, basicamente froitas e hortalizas, supermercados, prazas de abastos e tendas de alimentación. Neste programa veremos como funciona o mundo da distribución alimentaria e como se foi adaptando ás restriccións derivadas do estado de alarma.