“O Gato con Botas” pasa o día cun dos personaxes máis emblemáticos da TVG: Xosé Ramón Gayoso. Piloto do “Luar” desde hai 26 anos, entra cada venres nas nosas casas para achegar un cachiño da nosa cultura e as nosas tradicións. Non estivo ligado a “Luar” toda a súa carreira, senón que tamén fixo outros programas como “Entre Nós”, “Corazonada” ou “O Veciño do Xoves”.  Xunto con Manquiña, Gayoso lembra o seu paso polo mundo da música, da man do grupo Keltia, co que chegou a gravar un disco. Menos coñecida é a súa faceta como avogado, unha profesión á que Gayoso lle dedicou algún tempo antes de facerse un personaxe televisivo. Na segunda parte do programa, o convidado de "O Gato con botas" lévanos a ver as bambolinas de “Luar”, onde agardan todos os participantes e colaboradores do programa.