Manuel Quintana Martelo, pintor galego de recoñecido prestixio internacional e director da Academia Galega de Belas Artes é o convidado de “O Gato con Botas”. Manuel Manquiña lembra con el a súa infancia, mentres percorren as rúas de Santiago de Compostela, a súa cidade de nacemento.  O artista descobre tamén para a Televisión de Galicia algunhas das súas facetas máis descoñecidas, como a de pai e, por suposto, fala da súa obra no seu estudo de Milladoiro. Pola súa parte, o presentador do programa posa como modelo para el e ata se atreve co seu propio lenzo, coa axuda do pintor. Quintana Martelo, que expón en cidades coma París, Tokio ou Nova York, fala tamén da súa estancia nos Estados Unidos, a onde marchou logo de abandonar a súa cátedra no Instituto Xelmírez, do que tamén foi director, para darlle unha “maior intensidade” á súa faceta artística.